Panxoliñas

A Asociación Cultural Maravallada leva facendo un traballo de recuperación de Panxoliñas e Cantares de Reis desde o ano 2012 cando fixemos os primeiros concertos na rúa coa idea de normalizar o uso destas cancións populares das datas de Nadal.

Lamentablemente por razóns socioculturais xa ben coñecidas, nas últimas xeracións as panxoliñas que se teñen aprendido nas escolas, que se teñen escoitado nos medios de comunicación, son sobre todo noutros idiomas diferentes ó Galego. O resultado e a perda dun acervo cultural moi rico no noso pais.

Coa idea de implementar o traballo que levamos feito, no ano 2017 abrimos o ensaio do Grupo de Música Tradicional Maravallada e levámolo ós Centros Sociais para que a xente aprenda e leve ós seus fogares estas cancións.
Copyright 2018 © maravallada.gal