Grupo de Musica Tradicional
O Grupo de Música Tradicional Maravallada nace no ano 2010 do encontro de un grupo de amig@s afeccionad@s á música tradicional.

Luís Torres, Manolo Espiño, Mirta Díaz, Mar Fernández, Beatriz Fernández, Otilia Carballa e Marilúz Rodríguez. No ano 2012 súmase o gaiteiro Xaquín Moreda e no 2015 Miguel Casalderey.

Inda que os seus comezos foron como grupo de pandereteir@s , pouco a pouco vaise decantando o seu gusto pola música popular e introducindo novos instrumentos e repertorio.

Na súa procura dun estilo e un repertorio co que sentirse identificado, moitas persoas fixeron unha labor importante.; Xandre Outeiro, Paulina Ceremuzynska, María Arribe, Nelson Quinteiro axudaron ó grupo coa súa profesionalidade e bo facer.

No día de hoxe, o grupo está dirixido por Anxo Xesteira Serrano e o seu repertorio está centrado nos cantos de taberna.

O grupo ten participado en diferentes eventos ó longo destes anos; a dinamización da festa da Sidra da Estrada, a celebración do 1º de Maio en Pontevedra, a conmemoración do día das letras galegas da Escola de Idiomas de Pontevedra, as festas do Rosario de Vilar de Lor e Bustelo…
Copyright 2018 © maravallada.gal