Gala de Cantos de Taberna

No ano 2015 a Asociación Cultural Maravallada da un paso mais na posta en valor da nosa música tradicional e popular e crea un evento singular; Unha Gala de Cantos de Taberna que quere dar recoñecemento a aquelas persoas ou entidades que, pola súa labor, teñen colaborado na difusión e engrandecemento da música popular galega, en especial a manifestación que da mesma se fai nas tabernas.

No seu afán de difundir os diferentes ámbitos da cultura, a asociación crea un agasallo denominado CUNCA MARAVALLADA. A idea é xuntar os conceptos de música e taberna e que cada ano este recoñecemento sexa recreado por un artista da Galego.

Ata o momento levan colaborado coa asociación a ceramista Xela Area, e os escultores Francisco Pazos e Daniel Ríos “Caxigueiro”.

Homenaxeados:
Ano 2015; Taberna La Navarra de Pontevedra
Ano 2016; A Roda
Ano 2017; VilaXoan Canta e o seu organizador Salvador Cores “Manso”
Copyright 2018 © maravallada.gal