A nosa vision

As tabernas, a parte de ser establecementos de venda de bebidas, sempre foron lugares de encontro e camaradería, onde se contaban confidencias e se cantaba, porque o canto, as veces, mesturado cunha chisca de viño, fai aflorar os mais fondos sentimentos das persoas.
Ao longo dos anos setenta, comezaron a verse por distintas tabernas o consabido cartel de “Prohibido cantar”, cencenando así o desexo de moitos afeccionados á música de pasar un momento agradable cantando en compaña de bos amigos.
O canto de taberna, polo tanto, debe ser algo compartido, feito entre todos, algo que faga xurdir a participación dos presentes, por eso Maravallada facilita as letras das cantigas para que así os asistentes poidan unirse ao canto.
Historicamente o canto de taberna foi unha manifestación musical onde o instrumento primordial, e na maioría dos casos o único, era a VOZ. As voces podían ir acompañadas dalgún instrumento que normalmente se “fabricaba” de xeito espontáneo,cunchas de vieira, culleres, golpes ben acompasados na mesa ou na barra..., e noutras ocasións podía haber un “músico” que dispoñía dunha guitarra, un acordeón... por ese motivo Maravallada creou unhas bases de participación para os cantos de taberna en Pontevedra onde se priorizan os elementos antes sinalados.

O que se fai por ahi

A diferenza da proposta de Maravallada, en moitos casos no resto do país e no estado celébranse nas tabernas certames ou concursos onde a participación da voz vese mermada polo número excesivo, segundo a nosa consideración, de instrumentos musicais e percusión, semellando mais a foliadas ou seráns propias doutro tipo de espazos.