Grupo de Musica Tradicional

O Grupo de Música Tradicional Maravallada nace no ano 2010 do encontro de un grupo de amigos afeccionados á música tradicional.
Luís Torres, Manolo Espiño, Mirta Díaz, Mar Fernández, Beatriz Fernández, Otilia Carballa e Marilúz Rodríguez. No ano 2012 súmase o gaiteiro Xaquín Moreda e no 2015 Miguel Casalderey.
Inda que os seus comezos foron como grupo de pandereteiros, pouco a pouco vaise decantando o seu gusto pola música popular e introducindo novos instrumentos e repertorio.
Na súa procura dun estilo e un repertorio co que sentirse identificado, moitas persoas fixeron unha labor importante.; Xandre Outeiro, Paulina Ceremuzynska, María Arribe, Nelson Quinteiro axudaron ó grupo coa súa profesionalidade e bo facer.
No día de hoxe, o grupo está dirixido por Anxo Xesteira Serrano e o seu repertorio está centrado nos cantos de taberna.
O grupo ten participado en diferentes eventos ó longo destes anos; a dinamización da festa da Sidra da Estrada, a celebración do 1º de Maio en Pontevedra, a conmemoración do día das letras galegas da Escola de Idiomas de Pontevedra, as festas do Rosario de Vilar de Lor e Bustelo…

GALERÍAS