No ano 2015, a Asociación Cultural Maravallada, da un paso mais na posta en valor da nosa música tradicional e popular, e crea un evento singular; unha Gala de Cantos de Taberna, que quere dar recoñecemento, a aquelas persoas, ou entidades que, pola súa labor teñen colaborado, na difusión e engrandecemento da música popular galega, en especial, á manifestación que da mesma se fai nas tabernas.
No seu afán de difundir os diferentes ámbitos da cultura, a asociación crea un agasallo denominado, CUNCA MARAVALLADA.
A idea é xuntar os conceptos de música e taberna, e que cada ano este recoñecemento sexa recreado por un artista Galego.
Ata o momento, levan colaborado coa asociación, a ceramista Xela Area, os escultores Francisco Pazos e Daniel Ríos “Caxigueiro”, o pintor e muralista Miguel Valiñas, o artesán carpinteiro Roberto Figueira, en especial este ano, pola Lic Elena Díaz Liljestrom, alumna da Escola de Canteiros de Pontevedra.
Para os vindeiros anos, serán os alumnos deste centro, quenes deseñaran esta cunca. Agradecemos enormemente a colaboración da Escola de Cantería.
Homenaxeados:
Ano 2015; Taberna La Navarra, de Pontevedra
Ano 2016; Grupo A Roda.
Ano 2017; VilaXoán Canta e o seu organizador Salvador Cores “Manso”.
Ano 2019; Taberna "A de Lupe", en Cambados, pola difusión e promoción do canto popular.
Ano 2022; Grupo "Fuxan os ventos" pola sua traxectoria musical.
Ano 2024; á Xira de Cedeira, e o seu coordinador José Rodríguez Arribe.